Premio I Certame de Literatura Infantil e Xuvenil Muíño do Vento
«O meu nome é Indómita. Teño case trece anos e medio e estou escribindo este diario para deixar constancia das cousas que acontecen por aquí. Eu son a exploradora desta aldea sen nome».
Indómita está disposta a arriscar a vida para salvar a súa aldea, un lugar especial que mesmo podería non existir, pois até o de agora ninguén logrou entrar nin saír dela. A rapaza deberá abandonala e baixar os seus escarpados e neboentos barrancos na procura dunha solución aos males que a asolan.
O diario de Indómita, cheo de referencias a grandes clásicos da literatura infantil e xuvenil, supón unha viaxe única, a inmersión nun lugar repleto de misterios, con personaxes tan extravagantes como divertidos.