«Dende que teño memoria, sempre quixen navegar. Imaxinábame unha e outra vez sucando o mar. Había algo no mar que me desconcertaba e que me obrigaba a seguir soñando. Que había máis aló? Naquel lugar onde o sol se agocha e unha delgada liña se debuxa. Aquel lugar onde o mundo semella rematar e que todos chaman horizonte». Un relato de aventuras e viaxes. Descubrirás lugares fantásticos repletos de personaxes tan divertidos como estrafalarios. Todo o atoparás Rumbo ao horizonte.